- A función do aparello circulatorio, é a de facer chegar a todas as células, os nutrientes e o osíxeno que necesitan para coller enerxía. Tamén recolle as substancias de refugallo das células, e condúceas ata os órganos que se encargan da súa eliminación.
- O sistema sanguíneo: Fórmase polo sangue, os vasos sanguíneos e o corazón.
- O sistema linfático:Formado polo glanglios linfáticos, vasos linfáticos e a linfa.
É un líquido espeso e viscoso que se encarga de transportar substancias.Fórmase por unha parte líquida que se chama plasma, na cal hai distintos tipos de células en suspensión.
O plasma
É un líquido transparente de cor amarela no que flotan as células sanguíneas. O plasma componse dun 90% de auga, un 7% de proteínas( a máis importante o fibrinóxeno) e un 3% formase por unha mestura de distintas moléculas( nutrientes,gases,sales minerais,...).
- Glóbulos vermellos: Son unhas células que non teñen núcleo. Encarganse de transportar osíxeno desde os pulmóns a todos os órganos e tecidos do organismo. Son as células máis abundantes do sangue.
- Glóbulos brancos: Son células sanguíneas con núcleo e máis grandes que os glóbulos vermellos. Encarganse da defensa do organismo fronte ás infeccións. Abundan menos que os glóbulos vermellos, e existen tres tipos:
- Os granulocitos: Son células fagocitarias, e dicir, destrúen os microorganismos mentres os engullen.
- Os linfocitos: Son células que producen anticorpos, as proteínas que nos defenden dos microbios.
- Os monocitos: Tamén son células fagocitarias.
Para que serve o sangue?
- De transporte: Transporta nos glóbulos vermellos o osíxeno desde os pulmóns ás células e o dióxido de carbono desde as células ata os pulmóns. Transporta nutrientes, desde o intestino a todas as células, transporta os produtos de refugallo das células aos organos que se encargan da súa eliminación, e tamén transportan hormonas, desde as glándulas endocrinas aos tecidos onde actúan.
- De defensa: O sangue tamén nos defende dos microorganismos mediante os glóbulos brancos que os destrúen por fagocitosis. Protexe ao noso organismo cando se produce unha ferida grazas as plaquetas.
- Temperatura: Encargase unificar a temperatura do noso organismo, xa que conduce a calor desde os órganos que a producen( músculos ou o fígado).
Corazón
É o órgano que bombea sangue a través do aparello circulatorio.Sitúase no tórax, entre dous pulmóns, dirixido lixeiramente cara ao lado esquerdo. Fórmase por un tecido muscular chamado miocardio ou tecido muscular cardiaco. Está formado por catro cámaras, dúas arriba ás que lle chamamos aurículas e dúas inferiores que son os ventrículos. As aurículas van parar as veas que conducen o sangue ao corazón, e os ventrículos saen as arterias que conducen o sangue cara aos órganos. As aurículas e os ventrículos están conectados mediante duas válvulas:
- A válvula tricúspide entre a aurícula dereita e o ventrículo dereito.
- A válvula mitral entre a aurícula esquerda e o ventrículo esquerdo.
A aurícula dereita recibe o sangue da vea cava, que leva de volta ao corazón o sangue procedente de todo o corpo. Da aurícula dereita o sangue pasa ao ventrículo dereito, sae pola arteria pulmonar e vai aos pulmóns. A aurícula esquerda recibe o sangue das veas pulmonares procedentes dos pulmóns. Da aurícula esquerda pasa ao ventrículo esquerdo, sae pola arteria aorta e vai a todos os órganos do corpo.
Á saída das arterias pulmonar e aorta hai unhas válvulas, chamadas válvulas sigmoideas, que controlan a saída do sangue dos ventrículos.
Sístole e diástole
A sístole é a contracción do corazón e a diástole a relaxación.
Na sístole os ventrículos contráense e expulsan o sangue cara ás arterias. Ás válvulas mistral e tricúspide péchanse e impiden o retroceso do sangue cara ás aurículas e as válvulas semilunares ábrense para deixar saír o sangue. Na diástole os ventrículos relánxanse, as válvulas mitral e tricúspide ábrense e deixan pasar o sangue das aurículas. Ás válvulas semilunares péchanse para impedir que o sangue saia dos ventrículos.
Os vasos sanguíneos
Existen tres tipos de vasos sanguíneos:
- Arterias: Son os vasos que se encargan da conducción do sangue desde o corazón aos órganos. As súas paredes son elásticas e resistentes porque teñen unha grosa capa de tecido muscular.
- Veas: Son os vasos que se encargan de levar o sangue de volta desde os órganos ata o corazón. As súas paredes son finas.
- Capilares: Son os vasos que conectan as arterias coas veas. As súas paredes son moi finas.
Como circula o sangue polos vasos?
- O sangue circula a unha velocidade e unha presión elevadas polas arterias xa que recibe directamente o impulso da contracción dos ventrículos.
- En cambio, polas veas circula a menos presión e velocidade porque parte do impulso do corazón pérdese na rede capilar. Esta presión menor do sangue obriga a que no interior das veas haxa nuhas válvulas que impiden que o sangue retroceda debido á gravidade, estas válvulas chámanse semilunares.
Circuito circulatorio
Os vasos sanguíneos forman dous circuitos:
- O circuito menor: Vai desde o corazón ata os pulmóns e volve ao corazón. O sangue entra na aurícula dereita e pasa ao ventrículo esquerdo que o impulsa cara á arteria aorta. O sangue despois volta ao corazón polas veas pulmonares, que a manda á aurícula esquerda. A función deste circuito é a de conducir o sangue aos pulmóns para que se osíxene.
- O circuito maior: Vai desde o corazón ao resto dos órganos e regresa ao corazón. O sangue que chega á aurícula esquerda pasa ao ventrículo esuqerdo que o impulsa cara á arteria aorta. Esta ramifícase e da lugar ás distintas arterias, que se encargan de de distribuír o sangue por todos os órganos e tecidos do corpo. O sangue regresa á aurícula dereita do corazón polas veas cavas superior e inferior que recollen o sangue que achegan as veas procedentes dos distintos órganos e partes do corpo. A finalidade deste circuito é facer chegar o sangue cargado de osíxeno e nutrientes a todas as células do noso corpo.